OpenStreetMap

O cruceiro do Tabolado

O cruceiro do Tabolado, ou de Refexón, é o único que está nun cruce de camiños. Varal octogonal, sen inscripcións, un pedestal, sen imaxes. No cruce Louredo-Refexón (cara Remuíño, Arnoia)-Tabolado (Louredo, en liña cos barrios dos Veciños e O Pazo). O seu autor foi don Juan Míguez Domínguez. Do mesmo estilo que o da Alfarrapa e A Torre.

Confluencia de camiños

Postos ante o cruceiro (https://cutt.ly/Rb9UofQ), o camiño que sobe cara o pobo e barrio de Louredo (https://cutt.ly/2b9UYVi) queda ás costas (https://cutt.ly/Vb9UJHU), mentres que o do Tabolado (https://cutt.ly/Eb9UFHp) ábrese á man esquerda. Polo primeiro chegas ó peto de ánimas (https://cutt.ly/Rb9U8NJ) e tamén ós restos da escola pía (https://cutt.ly/Yb9Iw9Z). Polo segundo, ás viñas do Pireiro (https://cutt.ly/Bb9UQ6f), Tras do lagar e A Ladeira, ademais da escola do Tabolado (https://cutt.ly/Cb9IQS6), hoxe centro social. Hai un terceiro camiño, o da dereita, Refexón (nos mapas, Refoxón), que baixa cara Remuíño (https://cutt.ly/ob9IRwM) e que empata ca estrada cara Zaparín. Inda que se percorre en coche, hai un camiño que é o vello, quizás hoxe de monte e non practicable (https://cutt.ly/Bb9IUb7), polo que pasaron moitos louredeses no seu camiño ós muíños (https://cutt.ly/Rb9IFTL) do Inquiau (https://cutt.ly/ZYZMwXA).

O nome de cruceiro

Cruceiro do Tabolado, nun cruce de camiños. Moitos din que o cruceiro colócase en lugares así, pero non éa única opción á hora de entender de onde vén a palabra “cruceiro”. Tamén se fala de que poden ser construción en pedra que recordar a cruz procesional. E hainos que macan os límites de poboación (cruz de término).

Por exemplo, en Louredo este é o que mellor recolle as ideas de cruce de camiños e de término. Os restos do vello cruceiro da Alfarrapa, colocados nun muro da viña do Pireiro, por azar recollen a de cruce. Mais, o actual da Alfarrapa está á beira do camiño, quedando a varios metros dun cruce (A Telleira, Soutelo), inda que ben pode ser un de término. O da Torre, tamén á beira, a uns metros da estrada que segue cara O Outeiriño e Os Veciños e o camiño que sube cara os Diestros.

Unha práctica devocional

Cando se pasaba diante dun cruceiro en Louredo había quen rezaba: “Adorámoste, Cristo, y bendecísmote, que por tu santa Cruz redimiste el mundo” (oración que forma parte do Via Crucis).

Un contiño

Alí, na encrucillada do Tabolado, un veciño de Louredo atopouse co demo e recomendoulle este un acto de fe… de fe cristiá!

Xa o contaron os pais dos meus pais, sinalando mesmo o lugar onde aconteceu esta historia. Nos días en que os louredeses baixaban a Remuíño a moer o gran de millo, aconteceu que un home, cargado co seu saco, atopou outro, cun lume pequeno que o quentaba. Eran tempos nos que se cargaba o froito da terra e o traballo dos labregos, levándoo dende as casas ós muíños da zona do Inquiau, no paso do río Arnoia polo concello do mesmo nome.

O camiño de Refexón, en baixada, era unha posible vía romana, e fora percorrido polo padre Sarmiento no s. XVIII.

Chamámoslle Refexón (Refoxón nos mapas) e comeza nunha encrucillada, onde unha simple cruz bendice a quen lle dedica unha oración tranquila.

O caso é que o veciño de Louredo levaba o saco ó lombo e pasou diante do cruceiro de pedra e do home do lume coma quen pasa por diante dun gato. Uns pasos máis alá escoitou que o home lle dicía: escoita, xa que non me saúdas, polo menos saúda a este que está ó meu lado (referíndose á cruz de pedra). Seguíu o seu paso.

Á volta, buscou os restos do lume que quentara a aquel home misterioso… E non os atopou! Fora o demo que, en forma humana, merodeaba pola aldea esa noite!

Para máis información

Location: Casa Grande da Canliña, Louredo, Cortegada, O Ribeiro, Ourense, Galicia, 32200, España

Discussion

Log in to leave a comment