mglbranco's Comments
| Changeset | When | Comment |
|---|---|---|
| 93820864 | about 5 years ago | Ola! usei a iD e fun marcando coa etiqueta de "igrexa cristiá", que é "amenity=place_of_worship, building=church". Igual que equivoquei nalgunha: se te das conta cal é, corríxea, si. Desculpa :) |
| 93719613 | about 5 years ago | Ola Rodrigo! Grazas por comentalo: iso non sabía. Sabía que non era o mellor, pero non sabía como integralo nunha nova área sen que se persede o historial. Pero anotado para as próximas edicións. Saúdos! |
| 93308024 | about 5 years ago | Ola! Entendo: descoñecía esa opción de engadir información de aparcamento ás vías. De todos modos, por favor, para as próximas deixa unha nota ou avisa previamente, por iso de non perder esa información. P.ex. agora cabe recuperar información de aparcamento limitado os días de feira, con marcador de hora, limitado a clientes ou persoal e algunha máis. Imos falando. |
| 93308024 | about 5 years ago | Ola Iván. Vexo que se retiraron as prazas de aparcamento entre as rúas e a beirarrúa. Cartografáraas en especial para marcas as zonas de aparcamento limitado, p.ex. para marcas as zonas con aparcamento restrinxido os días de feira ou as de aparcamento limitado en tempo. Como debemos marcar esas zonas logo? |
| 92774354 | about 5 years ago | Boas! Comento porqué marcara esta vía como rúa; a ver que vos parece. Esta vía conecta o cruce desde a estrada principal ("minirotonda") cun camiño (que comeza na esquina do aparcadoiro). Este vai despois arredor do campo cara a Crendes. Se se olla o catastro, pódese comprobar que o aparcamento e o campo do Depor son dúas parcelas, e que o camiño é público (ref. "Pista de Marcés"). Así que por obriga desde a estrada principal (rotonda) ao camiño ten que haber mínimo servizo de paso. Por iso marcara ese treito como rúa pública e non vía. De feito creo que hai un marcador no aparcamento (agora falo de memoria... :) ) Déixase así como vía ou ponse con outra etiqueta? |
| 68657814 | over 6 years ago | [Erro no comentario] --> Data from "PXOM de Mazaricos" (Approved 1995-05-04, BOP 1995-06-01) See http://www.planeamentourbanistico.xunta.es |
| 65067875 | almost 7 years ago | Certo, Rodrigo, non me decatara diso :/ Neste caso o concello tiña o mínimo de lugares marcados e intentei axilizar a edición empregando un lugar xa con todos os seus metadatos (concello, provincia, código postal etc.). |