OpenStreetMap logo OpenStreetMap

Changeset When Comment
81278257

A wiki déixao bastante aberto a interpretación: en alt_name=* só pon: “This tag can be used when a street, river or any other feature has another official (or locally preferred name) but locals frequently refer to it by its abbreviated name, or by other names in local dialects (for which a language code is not enough selective), or the name has several alternative orthographies (possibly in other scripts) and even the orthography of the preferred name is uncertain.”

Interpreto que é un caso bastante similar a este, asi que vou deixar Cecilia con alt_name:es en todo o que atope. Supoño que farei o mesmo cos demais nomes de santo se atopo referencias online que todavía o usen.

Non te molesto máis. Graciñas por todo!

81278257

Quitei o español da miña configuración e sígueme aparecendo o resultado de Santa Cecilia. Creo que o buscador de aquí mira todos os alt_name e todos os old_name, sen importar a túa configuración.

81278257

Si, old_name aparece no buscador. Se busco por Santa Cecilia aparéceme o nodo node/181290875

Ti usaches old_name:es alí. Cal te parece máis axeitado? É para ser consistente.

81278257

Esa era a miña principal preocupación. Estou seguro de que algunha xente fora do lugar non sabe cal é o nome galego hahahah

Pregunta seria: alt_name ou old_name? Aparece old_name no buscador?

81278257

Terei iso en conta. A historia non foi nada amable co galego, iso é innegable.

Só alt_name:es entón, todo o demais queda como Icía. Moitas grazas a ti pola túa paciencia!

(Conto con que nun futuro borren o alt_name:es tamén, pero polo momento vexo máis práctico poñelo.)

81278257

Perdón por non contestar, contaba con que me saltase unha notificación se respondías. Parece que non era automático.

Resumen: vou ceñirme ó teu criterio.

Estiven buscando munición para seguir discutindo e atopei unha cousa curiosa. Santa Cecilia estaba extendido tanto en papeis como na fala, hai uns anos... pero é máis complicado atopar exemplos dos anos 2019 o 2020. Ata o 2018 ou 2017, a propia páxina do concello usaba ambos.

(Tamén atopei páxinas en galego que usan Santa Cecilia e páxinas en español que usan Santa Icía. É un pouco confuso todo.)

No meu círculo social usamos todos Santa Cecilia, pero falamos máis ben castelán e estamos afeitos ó nome antiguo, antes da galeguización dos nomes.

Vendo isto, vou revertir o meu propio cambio e poñer name:*=Icía e alt_name:es=Cecilia, como recomendas ti. Supoño que farei o mesmo cos demais nomes de santo con homólogos casteláns (San Xiao, Santa Mariña, San Xoán) Recomendas alt_name=Cecilia e alt_name:gl=Cecilia ou deixar eses dous sen poñer?

81278257

O nome galego e o nome local, por suposto, seguen sendo «Avenida de Santa Icía».

81278257

Quería avisarte que desfixen un dos teus cambios (non sei se foi por accidente ou non): troquei de novo o nome español de Avenida de Santa Icía por Avenida de Santa Cecilia.

É o nome que usan en español na páxina de Narón ( http://biblioteca.naron.es/gl/tags/cuentacuentos?page=6 ) e na Voz de Galicia ( https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/naron/2016/01/06/incendio-terraza-piso-avenida-santa-cecilia/0003_201601F6C5992.htm ).

O catastro español tamén o usa, pero de forma inconsistente: a avenida está como «Avenida Santa Icía», pero a igrexa como «Igrexa Santa Cecilia».