OpenStreetMap

About this translation

In the event of a conflict between this translated page and the English original, the English page shall take precedence


Dereitos de autoría e licenza

O OpenStreetMap ® está dispoñible baixo datos abertos e atópase baixo a Open Data Commons Open Database License (ODbL) da Fundación OpenStreetMap (OSMF).

Vostede é libre de copiar, distribuír, transmitir e adaptar os nosos datos, na medida en que acredite o OpenStreetMap e mais os seus contribuíntes. Se altera ou constrúe a partir dos nosos datos, terá que distribuír o resultado baixo a mesma licenza. O texto legal ao completo explica os seus dereitos e responsabilidades.

Os datos cartográficos dos cuadrantes dos nosos mapas e a nosa documentación atópanse baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 2.0 (CC BY-SA).

De que xeito acredita-lo OpenStreetMap

Pedímoslle que acredite o traballo así: “© dos contribuíntes do OpenStreetMap”.

Cómpre tamén deixar claro que os datos están dispoñibles baixo a Open Database License e, se utiliza os cuadrantes dos nosos mapas, que os datos cartográficos están baixo a licenza CC-BY-SA. Pode facelo ligando con esta páxina. Como alternativa, e obrigatoriamente se está distribuíndo o OSM nun formulario de datos, pode nomear e ligar directamente cara á(s) licenza(s). Naqueles medios nos que non sexa posible incluír as ligazóns (por exemplo, nas obras impresas), suxerimos que dirixa aos lectores a openstreetmap.org (quizais poñendo o texto "OpenStreetMap" no enderezo completo), a opendatacommons.org e, se fose relevante, a creativecommons.org.

Nun mapa electrónico explorábel, o crédito debe aparecer na beira do mapa. Por exemplo:

Example of how to attribute OpenStreetMap on a webpage

Máis información

Descobra máis sobre de que xeito emprega-los nosos datos e como acreditarnos na páxina de licenza do OSMF.

Malia que o OpenStreetMap é de datos abertos, non podemos fornecer un mapa API de balde aos desenvolvedores. Vexa a política de uso da API, a política de uso de cuadrantes e a política de uso do Nominatim.

Os nosos contribuíntes

Os nosos contribuíntes son miles de persoas. Tamén incluímos datos baixo licenzas abertas de axencias nacionais de cartografía e outras fontes, entre elas:

Para obter máis información sobre estas e outras fontes usadas para axudar na mellora do OpenStreetMap, bote unha ollada á páxina dos contribuíntes no wiki do OpenStreetMap.

A inclusión de datos no OpenStreetMap non implica que o que orixinalmente proporcionou os datos apoie o OpenStreetMap, dea calquera garantía ou acepte calquera responsabilidade.

Violación dos dereitos de autoría

Lembramos ós contribuíntes do OSM que nunca engadan datos de fontes con dereitos de autor (por exemplo, o Google Maps ou mapas impresos) sen o permiso explícito dos posuidores deses dereitos.

Se pensa que se engadiu material protexido de xeito inapropiado á base de datos do OpenStreetMap ou a este sitio, consulte o noso procedemento para retirar datos ou deixe unha notificación no noso formulario en liña.

Marcas rexistadas

OpenStreetMap, o logotipo coa lupa e ''State of the Map'' son marcas rexistadas da Fundación OpenStreetMap. Se ten algunha pregunta sobre a utilización das marcas, por favor consulte a nosa Política de Licenzas.