OpenStreetMap

About this translation

In the event of a conflict between this translated page and the English original, the English page shall take precedence


Dereitos de autoría e licenza

OpenStreetMap® son datos libres, baixo a licenza Licenza Open Data Commons Open Database (ODbL) da Fundación OpenStreetMap (OSMF).

Es libre de copiar, distribuír, transmitir e adaptar os nosos datos, na medida en que acredites o OpenStreetMap e mailos seus colaboradores. Se alteras ou constrúes a partir dos nosos datos, terás que distribuír o resultado baixo a mesma licenza. O código legal ao completo explica os teus dereitos e responsabilidades.

A nosa documentación está licenciada baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 2.0 (CC BY-SA 2.0).

De que xeito acreditar o OpenStreetMap

Aló onde uses datos de OpenStreetMap, debes facer dúas cousas:

  • Proporciona crédito ao OpenStreetMap mostrando o noso aviso de dereitos de autoría.
  • Aclara que os datos están dispoñibles baixo a licenza Open Database.

Para amosar o aviso de dereitos de autoría, temos diferentes requisitos dependendo de como usas os nosos datos. Por exemplo, existen distintas regras en función de se creaches un mapa explorable, un mapa impreso ou unha imaxe estática. Podes atopar todos os detalles sobre os requisitos nas directrices de atribución.

Para deixares claro que os datos están dispoñibles baixo a licenza Open Database, podes deixar unha ligazón a esta páxina dos dereitos de autoría. Como alternativa, e como requisito se estás distribuíndo OSM en forma de datos, podes nomear e ligar directamente a(s) licenza(s). En medios nos que non é posible incluír ligazóns (por exemplo, libros impresos), suxerimos dirixir aos lectores a openstreetmap.org (se cadra, ampliando "OpenStreetMap" a este enderezo completo) e a opendatacommons.org. Neste exemplo, os créditos aparecen no curruncho do mapa.

Exemplo de como recoñecer o OpenStreetMap nunha páxina web

Máis información

Consulta máis información sobre o uso dos nosos datos e como acreditarnos na páxina da licenza OSMF.

Malia que os datos do OpenStreetMap son libres, non podemos ofrecer unha API de mapas gratuíta para terceiros. Consulta a nosa política de uso da API, a nosa política de uso de mosaicos e a nosa política de uso de Nominatim.

Os nosos colaboradores

Os nosos colaboradores son milleiros de persoas. Tamén incluímos datos baixo licenzas abertas de axencias nacionais de cartografía e outras fontes, entre elas:

Para obter máis detalles sobre estas e outras fontes que se utilizaron para axudar a mellorar o OpenStreetMap, consulta a páxina de colaboradores no wiki do OpenStreetMap.

A inclusión de datos no OpenStreetMap non implica que o que orixinalmente forneceu os datos apoie o OpenStreetMap, dea calquera garantía ou acepte calquera responsabilidade.

Violación dos dereitos de autoría

Lembramos ós colaboradores do OSM que nunca engadan datos de fontes con dereitos de autoría (por exemplo, o Google Maps ou mapas impresos) sen o permiso explícito dos posuidores deses dereitos.

Se cres que se engadiu de forma inadecuada material protexido por dereitos de autoría á base de datos do OpenStreetMap ou a este sitio, consulta o noso procedemento de retirada ou diríxete directamente á nosa páxina de presentación en liña.

Marcas rexistradas

OpenStreetMap, o logotipo da lupa e State of the Map son marcas rexistradas da Fundación OpenStreetMap. Se tes dúbidas sobre o teu uso das marcas, consulta a nosa política de marcas rexistradas.